Proxecto: Fomento da Flexibilidade Horaria.

As necesidades dos traballadores e das empresas cambiaron moito nos últimos anos e, hoxe en día, a conciliación converteuse nunha necesidade crecente para o traballador e a empresa.

A consecución dese equilibrio entre a vida persoal e a profesional fomenta a mellora do clima e motivación laboral, o aumento da productividade e a reducción da rotación de persoal así coma o absentismo laboral.

Dende INXENIA se valora, promove e facilita o equilibrio entre a vida persoal e profesional de todos os seus membros e por este motivo con data 4 de Xaneiro de 2016, formalizouse un acordo de flexibiidade horaria, acordo que terá unha duración indefinida e que recolle algunas medidas que xa se viñan aplicando aínda sen estar escritas.

O obxectivo perseguido foi permitir que o persoal conte con maior autonomía para xestionar o seu tempo, reducindo os problemas de compatibilidade das responsabilidades familiares e laborais.

NOTICIAS RECIENTES