Hamburguesas de xarda, variñas de faneca ou ‘nuggets’ de escarapote. Son algúns dos produtos desenvolvidos no Proxecto Valdescar, presentado esta mañá en Vigo. Un traballo en que investigadores do CSIC e a Asociación de Armadores de Marín buscaron o xeito de poñer en valor as especies que en moitas ocasións descartan as frotas.